Film "A Viaxe de Leslie" (2014) & Director Marcos Nine
- "A Viaxe de Leslie" (Leslie's Journey) & question session with film director Marcos Nine
- Monday 11 April , 4 pm
- Salón de Actos FFT
- Organized by: NETEC and Facultade de Filoloxía e Tradución
- trailer: elviajedeleslie.com/home-2/
A VIAXE DE LESLIE (Leslie's Journey)
Marcos Nine, 2014 | 75 mins.
Filigrana que xoga na ambigua fronteira do documento e a ficción, construída enteiramente con material de arquivo (traballo que lle valeu a Marcos Nine un Mestre Mateo á mellor montaxe), A viaxe de Leslie fala da vida coñecida e da causa (especulada) da morte do actor británico e galán hollywoodense Leslie Howard. Unha trama que viaxa do espionaxe internacional aos entresixos dunha persoalidade peculiar para conducirnos ao que fose a última viaxe de Leslie que lle trouxo, precisamente, a Galicia: o que emprendeu a bordo do avión comercial que foi derribado, sen deixar supervivintes, por un escuadrón alemán fronte á costa de Cedeira durante a Segunda Guerra Mundial. Unha posible (e emocionante) reescritura da historia cuxa tinta son as imaxes que a rutilante carreira de Howard, e o cinematógrafo, foi deixando ao seu paso na convulsa primeira metade do século XX.